Diana Tarín Band creouse no ano 2007 pola cantante, pianista e percusionista Diana Tarín Sánchez. Está formada por piano, baixo, guitarra batería e voz, cun repertorio que percorre desde os standars de Jazz máis emblemáticos pasando por xéneros como o soul, bossa nova, bolero e a fusión da música latina temas internacionais e propios.
Con músicos de gran prestixio e recoñecemento no mundo do Jazz a banda conseguiu unha sonoridade persoal e compacta que convive cos matices derivados dunha fusión de xéneros interpretados con excelencia e precisión. Participaron e importantes eventos e festivais de Jazz como o Festival Imaxionasons de Vigo, Festival de Jazz de Cangas ( Canjazz), Festival de Jazz de Noia e no Festival de Jazz da Rioxa.
Diana Tarín (voz, percusión e teclados) Resume na súa propia persoa a riqueza da cultura musical e a súa Cuba natal.
Afrocubana, cantante e pianista. Filla e neta de músicos de renome na súa illa, con tan só 17 anos xa integraba a nómina de diferentes agrupacións femininas que viaxaron a diferentes países, principalmente en Europa, como vocalista, pianista e intérprete de percusión.
Chegada a España como membro dun grupo de música tradicional, quedouse entre nós, se graduó como pianista en Vigo, á vez que colaborou en diferentes gravacións musicais, varias delas de ámbito internacional, actualmente é profesora de música na escola Rock School Música CDM de Ponteareas.
Os seus músicos cualifícana de creativa, e incansable, pódena atopar xunto á súa banda en actividades benéficas, Auditórium, festivais de Jazz, Salas de Concertos, importantes actividades sociais e recoñecidos centros nocturnos e de lecer. Artista versátil, o seu universo musical é longo e función ben coa familiaridade da tradición cubana, o jazz, pasando polo bossa nova funky, soul, o bolero e a canción.
Lorenzo Boo – Guitarra
Adrián Solla – Piano
Diego Valero Gómez – Batería
Pachi Cruz Sendón – Baixo e Contrabaixo
