Chano Domínguez

Nesta edición do festival JazzNoia 2021 contaremos cunha das figuras máis relevantes do flamenco jazz, Chano Domínguez. O artista compartirá escenario con músicos galegos interpretando obras vinculadas á mú sica de raíz.

Os interesados poderán gozar dunha Master- class impartida dedicada á fusión do jazz cos diferentes sons e técnicas, en especial o flamenco e os seus diferentes paus relacionados con a música tradicional galega que poñerá de relevancia a importancia da música de raíz e a súa influencia no jazz.

Colors in the Dark

Falamos dunha das propostas máis interesantes e innovadoras da fusión das músicas urbanas co jazz cun vínculo común entre a tradición e innovación onde podemos percibir as influencias do Rhythm blues o hip-hop e funk ben aderezado cun sentido do mainstream máis tradicional.

Cine ao aire libre

Por primeira vez, o festival do JazzNoia contará con distintas actividades vinculadas, como o cinema con temática jazzística.

Rúa 54 é un documental dirixido por Fernando Trueba no que presenta aos mellores expoñentes da época do xénero do jazz latino ou `latin jazz’, como se coñece nos Estados Unidos. O documental é unha coprodución española, francesa e italiana, e foi lanzado no ano 2000. Trátase dun minucioso traballo de investigación no que se rende homenaxe aos artistas máis destacados do Latin Jazz. Inclúe, entre outros, artistas brasileiros, cubanos, españois ou dominicanos. Con estes compañeiros de viaxe, Fernando percorre todos os lugares polos que se desenvolveron as diferentes ramas deste xénero, mesturando o ritmo e o son da música latina coa harmonía e a estrutura do jazz.